INFORMACIÓN
A violencia de xénero constituíuse como un fenómeno invisíbel durante décadas, sendo unha das manifestacións máis claras da desigualdade, da subordinación e das relacións de poder dos homes sobre as mulleres.
A constatación da existencia desta situación marcará un antes e un despois na consideración legal e social dos dereitos e das liberdades das mulleres.
Como recoñecer violencia nunha mesma:
-Sentes medo á súa reacción.
-Evitas dicir ou facer cousas para non provocar conflito.
-A túa autoestima baixou.
-Sénteste culpable ou confundida constantemente.
-Xa non te recoñeces ou non vives con liberdade.
Como recoñecer violencia noutras persoas:
-Íllase repentinamente.
-Xustifica continuamente o comportamento da súa parella.
-Mostra medo cando a súa parella se molesta ou se enfada.
-Cambios emocionais fortes (tristeza, ansiedade).
-Marcas ou lesións con explicacións inconsistentes.
Violencia de baixo risco (sutil ou inicial):
-Control do teléfono, das redes ou de con quen falas.
-Celos frecuentes ou críticas disfrazadas de “bromas”.
-Busca illarte da familia ou das amizades.
-Cambios bruscos de humor.
-Facerte sentir culpable polo que ocorre.
Violencia de risco medio (máis visible):
-Insultos, humillacións ou desvalorización directa.
-Maior control do teu tempo e das túas actividades.
-Ameazas emocionais ou manipulacións.
-Control económico ou restricións para traballar/estudar.
-Presións sexuais ou insistencia sen un consentimento claro.